Casa do Patrón invítaos a coñecer este conxunto formado por o maior Museo de Etnografía de Galicia, con máis de 4.500 pezas en exposición, recordando ou coñecendo un pouco máis das vivenzas e costumes dos nosos ancestros. Un Museo de Arqueoloxía, formado polo Castro de Doade, recentemente escavado e unha sala monotemática con diferentes restos atopados en dito Castro, así como a visita a nosa Casa Castrexa, réplica exacta da primeira aparecida nas excavacións. Un espazo natural a carón do río Asneiro con área recreativa e muíños de regueiro.

E para rematar a mañá unha experiencia gastronómica no noso Restaurante Tradicional, ubicado dentro da propia exposición museística, onde lle ofrecemos uns menús caseiros elaborados de xeito totalmente tradicional, incluíndo postre caseiro, bebida e café ou infusións.