Ante as dúbidas xeradas polas recentes novas sobre a implantación do “quinto colector de lixo” na cidade, dende a Federación de AA.VV. da Coruña e da Área Metropolitana queremos informarvos de que a semana pasada nos reunimos coa Concelleira de Medio Ambiente, Dna. Noemí Díaz.
Segundo nos explicaron, o quinto contenedor é unha imposición de Europa, e á súa vez da Xunta, ao Concello da Coruña, para adaptarse á nova normativa.
A implantación realizarase de forma progresiva ao longo do ano 2024 e para iso, o Concello está a elaborar primeiro un estudo sobre a localización e superficie que ocupan os actuais colectores para tratar de optimizar o espazo e que se poidan añadir os novos.
O obxectivo deste estudo é elixir a mellor localización para os colectores e evitar a eliminación de prazas de aparcamento.
Indícannos que a veciñanza será debidamente informada no seu momento.
Comentarios recentes