Presentación do portal web da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana

 

Onte, día 27 de decembro, tivo lugar o acto de presentación do noso novo portal web www.favacoruna.es. Devandito acto celebrouse na Sala de Televisión do Sporting Club Casino da Coruña. A mesa estivo presidida por Luisa Varela, Claudia Delso e Roberto Lage.

Como resaltaron na presentación o obxectivo é construir xuntos unha plataforma colaborativa e viva, na que poder expresarnos e na que a interacción coas usuarias e usuarios sexa a base de todo o seu contido.

A creación deste Portal Web foi posible gracias ao patrocinio e colaboración do Concello de A Coruña.

Aquí tedes algunhas recensións que os medios de comunicación fixeron sobre a presentación do portal web:

Xornal online: www.laopinioncoruna.es
Prensa escrita:

Na seguinte galería podedes ver fotografías do evento: