A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros dentro do proxecto Barrios 2030 vai proxectar o documentário:

A VIVENDA  UN ¿ BEN SOCIAL?

No Forum Metropolitano o día 7 de novembro  as 19:30.

Un proxecto do colexio oficialde traballo social de Galicia codirixido por Sagrario Fernandez e Xosé Bocixa coa colaboración da Diputación da Coruña.

A vivenda converteuse nos últimos anos no principal factor de exclusión social en Galicia. Así o destacou o pasado ano Cáritas no Informe FOESSA sobre Exclusión e Desenvolvemento social en Galicia. Ese documento salientaba que en Galicia a vivenda “pasou a ocupar o primeiro lugar como causa xeradora de exclusión social no ámbito das persoas e fogares con maior dificultade”, desprazando ás dificultades relacionadas co emprego. Así, o 64,9% das persoas en exclusión atópanse afectadas por esta dimensión. En total, o 5,5% da poboación galega atópase nunha situación de vivenda inadecuada (149.000 persoas) e o 7,6% nunha situación de vivenda insegura (205.000 persoas).

Entrada de balde ata completar aforo