O Concello da Coruña retoma as actividades socioculturais dos centros cívicos municipais nas modalidades presencial e en liña dirixidas a todos os sectores da poboación.

As actividades presenciais comezarán o 4 de outubro e impartiranse en grupos de 10 persoas máximo e 1 monitor.

As persoas interesadas poderán preinscribirse os días 2, 3 e 4 de setembro cubrindo o formulario en liña que atoparán na web de Servizos Sociais ou chamando ao número de teléfono 881 150 191 en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Cada persoa poderá preinscribirse nun máximo de 3 actividades por centro e de 3 clubes tamén por centro, por orde de preferencia.

A cota de todas actividades será de 7 euros, agás para os clubes e as actividades de apoio escolar, cultura xeral e alfabetización, que serán gratuítas. A relación das actividades dispoñibles e horarios pode consultarse na seguinte ligazón: https://bit.ly/3yebcNL