A Policía Nacional celebrou o 2 de outubro o día do seu patrón no Teatro Rosalía de Castro. Neste día, condecorouse a 44 axentes, e tamén houbo lugar para as reivindicacións: aumento de plantillas, dotación de máis e mellores medios, coordinación con outros corpos de seguridade, entre outras.

A programación para este día comezou coa celebración dunha Misa ás 10.30 horas na Venereble Orde Terceira de San Francisco, na que interveu a Coral Santo Ángel. Ás 12.00 horas, no Teatro Rosalía de Castro fíxose a entrega de condecoracións, encargándose da parte musical a Coral Santo Ángel e a Unidad de Música del Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa do Exército de Terra.