O 27 de setembro celebrase na Coruña a Asemblea Xeral Ordinaria da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGaVe). A esta Asemblea asistiron representantes das Federacións Veciñais galegas que conforman a CoGaVe:

  • Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana
  • Federación Veciñal “Lucus Augusti” de Lugo
  • Federación Veciñal “Limiar” de Ourense
  • Federación Veciñal “Castelao” de Pontevedra
  • Federación Veciñal “Eduardo Chao” de Vigo
  • Federación Veciñal “O Facho” de Cangas do Morrazo
  • Federación Veciñal “Roi Xordo” de Ferrol.

Ó rematar a Asemblea, a Alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañou ós asistentes nun xantar de confraternidade.