Dende Ecoloxistas en Acción Coruña van organizar unha charla/obradoiro este xoves 22 de setembro, dende ás 18:00 ata as 20:00 no Centro de Artesáns (Rúa San Andrés 36).

Está dirixido principalmente ás asociacións de veciños, pero está aberto a calquera persoa ou a veciños concienciados.

A idea é dar información e ferramentas aos veciños dos barrios de A Coruña para paliar os efectos do cambio climatio nas suas casas e nos seus barrios. 

O cambio climático xa non o podemos parar, vese perfectamente que cada verán é mais cálido e seco, pero a idea é ter ferramentas para que eses cambios afecten o menos posible á nosa saude e a nosa vida.

Por iso gustaríalles que asistise a maior cantidade de xente posible.

Aínda que con pouca antelación, pero nos facemos estas accións no noso tempo libre de forma voluntaria, e a miudo nos atopamos abafados pola carga de traballo que supón ser voluntario dunha ONG.

Consulta o cartaz do evento e dous PDF sobre os que se basa a actividade e sobre os que se traballará na charla.