«Memoria democrática, a debate» é unha actividade en liña, que se realizará nos días 2, 3 e 4 de decembro de 2020 (de 18.00 a 21.00 h) na cidade da Coruña, na sede institucional da UNED nesta cidade, e que reunirá persoas expertas de recoñecido prestixio internacional. Realizaranse tres mesas redondas e debates posteriores abertos á cidadanía, que se poderán seguir en liña, tanto en directo como en diferido.

Trátase dunha actividade organizada polo Concello da Coruña, en colaboración coa UNED, que pon a disposición deste proxecto as súas instalacións e os seus medios técnicos para garantir o seu desenvolvemento tendo en conta as medidas de seguridade ante a COVID-19.

Ligazón á inscrición