Na Plataforma por unha alimentación responsable na escola están preocupados pola próxima construción dun novo Colexio público de Educación Infantil e Primaria en Novo Mesoiro, que non terá cociña nin cociñeiras ou cociñeiros.
Actualmente, son 10 os centros educativos da cidade da Coruña e da súa bisbarra que contan con cociña no propio centro e cociñeiras e cociñeiros, que participan, en colaboración co GDR Mariñas – Betanzos, nun proxecto de Ecocomedores iniciado hai tres anos e que comeza a replicarse noutras zonas da provincia coruñesa. Entre outras cousas, promover o consumo diario de verdura de tempada, de proximidade e ecolóxica, favorecendo así a economía local, o desenvolvemento rural e a vinculación entre a agricultura local e familias, e o consumo de peixe fresco e de proximidade.
Tanto as persoas usuarias, coma outras coñecedores do funcionamento deste proxecto, compartes que a calidade do servizo de comedor está directamente ligada á adquisición de produtos de proximidade e ó cociñado no propio centro educativo, polo que dende a Plataforma por unha alimentación responsable na escola solicitan o apoio de todas aquelas entidades e persoas que compartan a idea da necesidade de cociña e cociñeiros e cociñeiras nos centros educativos.
Por iso, convidan a acompañalos no acto de presentación desta proposta, que terá lugar o 9 de maio, ás 16.30 horas, no Centro Cívico de Novo Mesoiro.
Ademais, pola mellora na calidade do servizo de comedor que esta iniciativa pode supoñer para o novo alumnado do Colexio en construción, convidan a apoialos nas mobilizacións que están a realizar, así como a asinar e difundir esta petición no seguinte enlace:
Comentarios recentes