O vindeiro mércores 14 de decembro, ás 17h, terá lugar no local da Asociación Veciñal Francisco Rodriguez Otero (Ronda de Outeiro, 396), unha charla sobre a importancia dos coidados informais na nosa sociedade e o valor do rol das mulleres nestes procesos, esenciais para a sostibilidade da vida.

Ao longo do relatorio reflexionarase sobre como historicamente os condicionamentos sociais respecto ao rol asignado a mulleres e homes aínda afecta ás mulleres coidadoras, repercutindo nunha carencia de autocoidados. Ademais, abordaranse aspectos clave como a corresponsabilidade, que implica que as tarefas de coidado no contexto familiar sexan asumidas de modo equitativo por ambas partes.

A charla será impartida pola Fundación Mujeres e finalizará ás 18h.