Dentro dos actos programados para conmemorar o Día Internacional da Muller (8M), dende a Delegación do Goberno en Galicia asistimos onte a un coloquio, no salón de actos do MUNCYT da Coruña, para abordar a situación das mulleres novas no mercado laboral. 
Nel participaron mulleres representativas de diferentes sectores para coñecer a súa experiencia e estudantes que explicaron como se preparan para incorporarse ao mercado laboral.