Para unha mellor organización da noite de San Xoán 2020, desde o Concello da Coruña solicitamos que a súa Asociación de Veciños difunda todas estas medidas nas redes sociais e as comunique a quen considere, así como que facilite ao Concello, na medida das súas posibilidades, as localizacións onde os seus veciños adoitan instalar grellas nesta festa cada ano, aos efectos de garantir o axeitado servizo de recollida de lixo e limpeza, agradecendo ademais calquera outra colaboración que nos poidan prestar no bo desenvolvemento deste San Xoán tan especial. A instalación require a presentación dunha declaración responsable no Concello con, canto menos, 24 horas de antelación á instalación, que só poderá facerse entre as 13:00 e as 16:00 h e entre as 20:00h e a medianoite e só do día 23 de xuño.

As familias ou grupos de amigos que decidan xuntarse nalgún espazo público nesta noite deberán atender sempre ás obrigas e recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias, que, na situación actual, contéñense no Real Decreto-Lei 21/2020, de 9 de xuño, e no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, de 12 de xuño (que pode consultar aquí:

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2020-5895

e aquí:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200613/AnuncioC3K1-120620-1_gl.html,

así como no Bando da Alcaldía de 17 de xuño de 2020 (Bando Festas de San Xoan 2020), así como o conxunto das ordenanzas municipais en vigor no que non contradigan os textos anteriores e, lembrar que:
· Non se permite a realización de cacharelas, lumeiradas de ningunha clase no espazo público
· Non se permite música ao vivo
· Non se efectuarán cortes de vías públicas
· As mesas deberán estar situadas de tal xeito que respecten as distancias de seguridade en relación coas mesas veciñas.
· As grellas para facer sardiñas ou churrascadas nunca se apoiarán directamente no chan nin sobre vexetación, debendo estar situadas a unha distancia mínima de un metro do chan e afastadas de árbores ou mato. Se por calquera motivo se situasen sobre o chan, este deberá estar recuberto por una capa de area como mínimo de 10 cm.
· É imprescindible ter nas proximidades un cubo con auga, área ou extintor.
Non se deben acender as grellas utilizando acelerantes. A saída de fumes debe estar libre cara o exterior e non baixo carpas, lonas ou árbores.
· É obrigatorio limpar o espazo ocupado, separando residuos: papel, vidro, orgánico ou inorgánico e depositalos ao rematar a celebración no cubo de lixo indicado.