Comunicado da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana.

 

Debido ás medidas que están a tomar as diferentes Administracións Públicas para previr o contaxio do Covid-19, a oficina da Federación vese na obriga de non atender presencialmente ó público. En principio, poderedes consultarnos calquera cousa mediante o correo electrónico. De tódolos xeitos, estaremos pendentes das indicacións que se nos realicen no referido ás medidas a ir adoptando segundo vaia evolucionando esta pandemia, e axudar así, entre todos, a previr os contaxios.