Dada a situación acaecida nas últimas horas na cidade da Coruña en relación coa viaxe do equipo de fútbol C.F. Fuenlabrada, a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana apoia ó Concello da Coruña en tódalas accións que emprenda para depurar responsabilidades sobre este tema, que consideramos de máxima gravidade.

Dende a Federación veciñal non entendemos que nestes tempos de control da pandemia da Covid-19 non se lle esixa a este equipo de fútbol o cumprimento das medidas hixiénico-sanitarias que o resto da poboación si que estamos a cumprir. Isto non se trata só dunha irresponsabilidade ou un feito sen importancia, senón dun problema de saúde pública.

Por todo o anteriormente exposto, dende a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana esiximos a depuración de todo tipo de responsabilidades e adopción por parte das autoridades pertinentes das medidas necesarias para que non volva a suceder un feito semellante.