Preinscrición: 11, 12 e 13 de decembro

Máis informacion:

https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/novas/nova/convocatoria-de-actividades-socioculturais-nos-centros-civicos-xaneiro-2024/suceso/1453852993485

Realizarase preferentemente en liña. Para realizar a preinscrición cubrirase o formulario que atoparemos aquí: Formulario de preinscrición en actividades e tamén abaixo xunto ás actividades de cada centro cívico en TAMÉN PÓDECHE INTERESAR. Este formulario estará dispoñible desde as 8:00 h. do luns 11 de decembro ata as 23:59 h. do mércores 13 de decembro.

Pódense consultar as actividades de cada centro nesta noticia, máis abaixo nos documentos que se achegan e tamén na páxina web de cada Centro Cívico. Para descargar a programación de actividades de todos os centros cívicos pódese ver no documento que se adxunta.

Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por centro cívico e por orde de preferencia.

Aquelas actividades que teñan a mesma denominación, aínda que teñan distintos niveis (iniciación e perfeccionamento, grupo 1 e grupo 2, mañá e tarde, etc.,) considéranse unha mesma actividade, pero só poderase formalizar a matrícula nunha delas. En caso de facelo nas dúas, quedarán anuladas ambas.

Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.

As persoas que non teñan acceso a Internet, e só nese caso, poderán realizar a preinscrición chamando ao nº de teléfono 881 150 342 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

Cada persoa que realice a preinscrición telefonicamente só poderá xestionar 3 solicitudes.

Clubs

Son actividades de carácter gratuíto dirixidas por persoas voluntarias.

  • As preinscricións dos clubs realizaranse nas conserjerías de cada centro cívico en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, os días 11,12 e 13 de decembro. Excepto o CCV Castro de Elviña que será de 11:00 a 13:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • As persoas solicitantes deberán cubrir o impreso que se lles proporcionará nas conserjerías, no cal só se poderá solicitar 3 clubs como máximo.
  • O sorteo será en cada centro cívico, o mesmo día que o das actividades.

* Clubs no centro cívico do Castrillón:Continuará ata o mes de maio o mesmo alumnado que participou no curso do 2023 por expresa solicitude de organización das voluntarias que imparten estas actividades . En setembro, realizarase (soamente neste centro) unha nova preinscrición con carácter anual ( de setembro a maio).

Publicación das listaxes de preinscricións nas actividades socioculturais e clubs nos centros cívicos: 18 de decembro

As listas poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.

Reclamacións ás listaxes de preinscricións: 19 de decembro

Faranse a través do teléfono gratuíto de información cidadá 010 en horario de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00

Sorteo público: 20 de decembro

Realizarase en cada centro cívico ás 10:00 h.

Publicación das listaxes de admisións e de espera: 9 de xaneiro

Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.

Nas actividades socioculturais , anularanse aquelas actividades nas que non haxa un mínimo de solicitudes formalizadas.

Prazo de inscrición e pago de taxas para as persoas admitidas: Será preferentemente en liña a través desta ligazón Pago en liña das actividades os días 15, 16 e 17 de xaneiro. De non facelo nestas datas perderase o dereito á praza.

Alternativamente poderase realizar imprimindo a folla de autoliquidación, e pagando presencialmente na entidade bancaria ou no caixeiro da entidade con cartón de crédito.

Unha vez pagado na entidade bancaria deberan entregar na conserjería do centro correspondente, e dentro do prazo establecido, o xustificante de pago pois pola contra perderase o dereito á praza na actividade.

En caso de non cubrirse todas as prazas ao final da convocatoria, se anuciarán mediante un cartel en cada centro cívico as vacantes que queden dispoñibles en actividades/clubs.

A cota das actividades dependerá do número de horas que aplica a Ordenanza número 43.-Reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal, fóra de apoio escolar, cultura xeral e alfabetización que terán carácter gratuíto. Tamén son gratuítos os clubs que están dirixidos por persoas voluntarias.

As persoas solicitantes de actividades gratuítas e clubs, deberán de formalizar a preinscrición en prazo e CONFIRMARÁN (ben presencial ou por teléfono) no centro cívico, ao servizo de conserjería, a súa asistencia á actividade nos días estipulados para o pago (15,16 e 17 xaneiro).

  • *A inscrición definitiva na actividade de cada centro cívico non se fará efectiva ata a presentación no mesmo Centro Cívico do documento bancario acreditativo do abono do prezo público que corresponda, excepto as persoas que o fagan directamente en liña. Este trámite deberá realizarse dentro do prazo e horarios arriba indicado. De non ser así, perderase o dereito á praza na actividade e o Centro Cívico que corresponda.

Procedemento de pago

Nas listas de persoas admitidas e de espera figurará un código, o cal haberá que introducir cando sexa requirido ao longo do proceso de pago. Cada código indica a persoa que está a se inscribir na actividade, o centro no que se inscribe e a actividade solicitada. Así, cada actividade que solicite unha persoa, terá un código diferente polo que cada actividade terase que abonar por separado. O mesmo código non vale para todas as actividades.

O pago realizarase preferentemente en liña a través da plataforma de pago en liña habilitada.

O pago tamén se pode facer presencialmente imprimindo a carta de pago e presentándoa no banco ou caixeiro. A continuación hai que levar o xustificante de pago ao centro cívico onde se vai a desenvolver a actividade para que conste que se abonou.

O Concello conta con dúas entidades bancarias asociadas para poder abonar as actividades: ABANCA e Banco Santander.

Listas de espera.

  • As listas de espera das actividades e dos clubs xestionaranse desde o servizo de conserjería do centro cívico correspondente a partir do 19 de xaneiro.

As persoas admitidas , a partir da listas de espera, deberán facer a inscrición e o abono da actividade, seguindo o procedemento de pago, establecido anteriormente.

  •  No caso de que un club ou actividade non teña lista de espera, poñerase un cartel no centro correspondente indicando o número de prazas dispoñibles para completar grupo.

Data de inicio de actividades:

A partir do día 29 de xaneiro.

Data do fin de actividades:

O 31 de maio e os apoios escolares a segunda semana de xuño. Todas as actividades socioculturais finalizarán a última semana de maio excepto algunhas nas que será a penúltima semana de maio.

No programa das actividades vén indicada a data exacta de finalización de cada unha das actividades..

NOTA: Cada actividade ten unha idade determinada para anotarse nela e que aparece no documento de actividades coa clasificación seguinte: infancia, mocidade, intergeneracional e maiores. Sempre que non se especifique outro tramo de idades no título da actividade, a idade que correspondería á clasificación será:

Infancia: de 4 a 12 anos

Mocidade: de 13 a 17 anos

Intergeneracional: A partir de 18 anos

Maiores: A partir de 65 anos