A Asociación Española Contra o Cantro convoca á solidariedade da veciñanza para recadar fondos para a investigación sobre o cancro, na cuestación que celebrará o 13 de xuño.

Inicialmente, estaba previsto a xornada de recadación de fondos para o día 6 de xuño, pero ante a alerta de temporal de vento que se prevé en Galicia, que dificultaría a labor das persoas voluntarias que habitualmente colaboran nestas campañas coa AECC, obrigou a aprazala finalmente para o día 13 de xuño.