Investigación sobre a preparación da poboación galega fronte aos impactos dos incendios forestais dirixida pola Universidade de Santiago de Compostela con colaboración da University of York. 

Galicia enfróntase ano tras ano á problemática dos incendios forestais. A afectación da poboación presenta unha especial gravidade en zonas de interface urbano-forestal onde as edificacións se atopan en proximidade ao monte. Entendemos que na situación actual non é posible eliminar o risco de incendio existente, aínda que si  se pode reducir o potencial impacto que os lumes poderían ter sobre a poboación.

Este estudo axudará ao deseño de estratexias de prevención que capaciten á poboación ante situación de emerxencia provocadas polos incendios forestais.   

Difundimos o seguinte cuestionario dirixido a fogares localizados en zonas rurais e periurbanas de Galicia que desexen colaborar neste estudio dirixido pola Universidade de Santiago de Compostela.

https://forms.gle/7oCedKPTRHSLkjC18