Os vindeiros 20 e 21 de setembro desenvolverase no Espazo Veciñal do Birloque (Avda/ de Glasgow, 5) o Curso Específico de Intervención dende o Tecido Asociativo fronte ás Violencias Machistas.
O curso terá unha duración de 4 horas, de 18:00 a 20:00 cada sesión.
 
Para participar, o aforo é limitado e o prazo de inscripción remata o día 16 de setembro por cuestións organizativas.
Podedes reservar a vosa praza no correo electrónico (favacoruna@favacoruna.org) ou no teléfono 981171185.