O CEIDA acaba de abrir a inscrición do Curso Online ‘Infraestrutura Verde Urbana: Claves para a Planificación, Xestión e Avaliación’, desenvolvido integramente a través da Aula Virtual da entidade, no que se abordarán cuestións clave vinculadas ao deseño, implementación e mantemento da infraestrutura verde nas contornas urbanas, o papel que xogan na planificación ante os novos retos das cidades, a relevancia da educación ambiental e a participación cidadá nestes procesos, así como os instrumentos necesarios para a súa correcta avaliación e seguimento.

O programa formativo consta de 4 módulos teóricos e diferentes exercicios prácticos para desenvolver ao longo de 7 semanas (40 horas), con debates e foros virtuais, co fin de crear un coñecemento colectivo a partir das experiencias e vivencias das persoas participantes. O idioma de todos os materiais e recursos didácticos estarán dispoñibles en español.

Máis información e inscricións: http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/curso-online-infraestrutura-verde-urbana-claves-para-a-planificacion-xestion-e