A Asociación Coruña Metropolitana Coruña 3.0, dentro do cilco de debates “Intuír o futuro de A Coruña”, realizará o día 28 de febreiro, ás 20.00 horas, no Sporting Club Casino, o debate co título “A xestión dos servizos públicos: municipalización ou externalización?”.

Este debate será moderado por Andrés Precedo Ledo, Catedrático de Xeografía Económica e Presidente da AMC 3.0 e nel intervirán:

  • José Antonio Santiso Miramontes, Alcalde de Abegondo e Presidente do Consorcio das Mariñas
  • Carlos Calvelo Martínez, Alcalde de Arteixo
  • J. Ignacio Prada Vázquez, Director da Compañía de Tranvías de La Coruña
  • Jaime Castiñeira de la Torre, Xerente de Emalcsa