Esta semana conmemóranse dous días moi especiais: hoxe, 22 de abril, o Día da Terra, e mañá xoves, 23 de abril, o Día do Libro. Por este motivo, o CEIDA acaba de poñer en marcha a iniciativa #LendoNatureza, unha campaña que pretende unir a natureza e a literatura a través da participación cidadá nas redes sociais. A forma de participar é moi sinxela:

  • Grava un vídeo de 60 segundos (máximo) recomendando ou lendo algún parágrafo dun libro de contido ambiental. Poden ser obras literarias dirixidas a público adulto, infantil ou xuvenil; guías de natureza; ensaios, obras técnicas…
  • Compárteo nas túas redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram) co cancelo #LendoNatureza e nomea ou etiqueta ao CEIDA (@ceida.educacion.ambiental en Facebook e @ceida_galicia en Twitter e Instagram)
  • Se non tes posibilidade de compartilo directamente nas túas redes, podes envialo a difusion@ceida.org ou ao teléfono 638 16 93 16 (whatssap ou telegram) e o equipo do CEIDA subiráo por ti ás súas canles.
  • Os vídeos poden compartirse ata o vindeiro domingo 26 de abril!