Informámosvos da celebración do próximo encontro “Dillo Ti” co Alcalde e o goberno municipal, que terá lugar o sábado 3 de novembro, ás 12:00, no ESPAZO VECIÑAL DO BIRLOQUE, no local contiguo á Federación.
Será unha conversa aberta e informal na que se pode participar trasladando ao Alcalde e aos Concelleiros e Concelleiras as vosas propostas, ideas, problemas, demandas, etc. A participación é libre para todas as persoas que dexesen asistir.
Estará habilitado o servizo de conciliación para a atención de menores durante o tempo do encontro, e contarán tamén con intérprete de signos para persoas con dificultades auditivas.
Comentarios recentes