O Concello da Coruña está a redactar o Plan Director de Rehabilitación Integrada do Barrio das Flores, e solicita a  colaboración da veciñanza do barrio respondendo a unha enquisa que pretende incorporar os hábitos, percepcións e coñecementos que teñen os veciños e as veciñas do barrio.

Trátase de coñecer que valoración fan dos espazos públicos do barrio e do estado das edificacións, así como sobre que melloras considérase que deberían introducirse.

Pódese responder o cuestionario de maneira telemática, en menos de 10 minutos, na seguinte dirección: https://www.coruna.gal/vivenda/gl/pd-barrio-flores/enquisa-cidada, e no caso de non ter acceso a medios informáticos, tamén pode realizala na sede desta entidade ou na do Servizo de Rehabilitación e Vivenda (edificio da Estación de Autobuses)”