O Concello da Coruña e a Asociación da Prensa da Coruña organizaron o día 25 de xaneiro, ás 13.00 horas, no Salón de Sesións do Pazo Municipal de María Pita, a cerimonia de entrega do LXXVIII Premio Pérez Lugín de Xornalismo.

Esta edición do Premio Pérez Lugín, que levaba como tema “Centenario de Picadillo. Xornalismo e gastronomía. ¿Cómo se come iso?”, gañouna o xornalista Jorge Pan Varea, quen xa acadara este galardón nunha edición anterior.