O Programa de Orzamentos Participativos, un proceso no que unha parte do orzamento municipal é decidida polas veciñas e veciños da Coruña, sae á rúa.

A través desta ferramenta a cidadanía coruñesa pode escoller a que destinar 2,5 millóns de euros: 1,5 millóns de euros repartidos a partes iguais entre os 10 distritos censais e 1 millón de euros para propostas dirixidas ao conxunto da cidade.

Ao igual que nas edicións anteriores, durante esta primeira fase de recollida de propostas, o Concello desenvolve eventos de rúa nos as persoas que se acheguen poderán informarse sobre o proceso dos Orzamentos Participativos, coñecer a plataforma e facer as súas propostas.

O próximo evento celebrarase na seguinte data e lugar:

Venres 23 de setembro na Coraza do Orzán* ou na Praza de Pontevedra de 17:00 a 20:00

*En caso de meteoroloxía adversa desprazarase á Praza de Pontevedra.