Informamos de dúas campañas preventivas promovidas pola Policía Nacional, que buscan, por unha banda, a prevención de roubos en vivendas e almacéns e, por outra, a difusión dunha nova modalidade criminal como é o secuestro virtual.

Os seguintes documentos electrónicos conteñen, de xeito breve, unha descrición das modalidades máis comúns e unha lista de medidas dirixidas a previr estes comportamentos ou a mitigar os seus efectos.