Actividade que realizaremos no local da Federación (Avda/ Glasgow, 7) en colaboración con Adicae Galicia, apoiada polo Instituto Galego de Consumo.

Entender a factura, os novos cambios, aforro enerxético, cambiar de tarifa, etc.

  • 4 de novembro ás 19:00 horas

Trátase dunha acción formativa, de sensibilización e divulgación, impartida por técnicos e socios de ADICAE con formación na materia.

Terán unha duración máxima de 2 horas, contando con parte práctica e de preguntas, da forma máis amena e interactiva posible.

Entrada libre e gratuita ata completar aforo

Actualización con imaxes da actividade (07/11/22)