A Policía Nacional, dende a Comisaría Provincial da Coruña, fainos chegar un resumo das restricións á mobilidade persoal establecidas, así como dos supostos nos que está permitida a circulación de persoas na vía pública, que teñen por obxectivo a redución dos contactos sociais das persoas e, en definitiva, a redución de contagios do COVID-19.

Particular atención merecen, neste contexto, as persoas maiores, cuxa protección require un esforzo especial, que estamos a levar a cabo entre todos. Por isto, rogan a difusión destas indicacións de seguridade sinxelas para evitar o comportamento dalgún oportunista indesexable.