Intercoruña Radio vai a celebrar o 27 de xuño o X Aniversario da declaración pola UNESCO da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade. Cos permisos e colaboración do Concello da Coruña e outras entidades, queren realizar unha iniciativa para a que é imprescindible a participación de nenos e nenas e a mocidade da cidade, pois queren facer un mosaico na zona da Torre, onde os nenos e as nenas enchan coa súa presenza as letras TORRE 10, agasallando ós participantes cunha camiseta conmemorativa deste evento.

Ademais, elevarán un globo aerostático cautivo conmemorativo do evento e tirarán unha foto que intentarán que se convirta en viral. Unha vez feita esta foto, a idea é subir ata a base da Torre, arrodeala e «darlle un abrazo».

Podes ver o cartel deste evento premendo no seguinte enlace: Aniversario Torre de Hércules