A Concellaría de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña, conxuntamente coa Concellaría de Mobilidade convocou unha reunión o día 16 de xaneiro co obxecto de presentar o lanzamento dunha APP de pago do bus urbano, denominada «Millenium Próxima». Antes de poñer en funcionamento esta APP para toda a veciñanza (a partires do mes de marzo), sería preciso probala nun grupo reducido de persoas usuarias («testeadoras») que poidan axudar co seu uso a identificar erros e mellorar as capacidades desta APP de xeito previo á súa posta en marcha. Prevese que esta probba piloto funcione durante dous meses na ruta do autobús 1A. O grupo de persoas testeadoras estará formado por técnicos, funcionarios municipais, usuarios habituais de barrios próximos á ruta do bus 1A,…

Os requisitos para formar parte do piloto son:

  • Que o terminal móvil no que se instale a APP funcione con sistema operativo Android e que dispoña de NFC.
  • Asinar un documento de confidencialidade.

Tes máis información sobre a APP «Coruña Millenium Próxima» no seguinte documento:

002 Reunión Millenium Proxima 160119