A marcha do Orgullo 2021 terá lugar o luns, 28 de xuño e partirá ás 20H dende o Obelisco ata María Pita, baixo o lema: «Os dereitos humanos non se negocian, lexíslanse: Lei trans integral xa!«.

– Seguramente a partir do 26 de xuño a máscara non será obrigatoria en espazos abertos, a pesares disto, recomendan o seu uso durante toda a marcha para evitar contaxios e pregan que se manteña 1,5m entre as persoas participantes non convivintes.

Feliz Orgullo!