A Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana manifesta o seu máis fondo pesar polo recente asasinato de Mónica Marcos a pasada madrugada no Birloque. Con este comunicado, tamén queremos amosarlle á súa familia e amizades toda a nosa solidariedade e agarimo.

Dende a Federación reivindicamos a necesidade de adopción de medidas máis drásticas para evitar que volvan a suceder sucesos desta índole, sobre todo tendo en conta que a persoa presuntamente responsable deste crime contaba con antecedentes por violencia de xénero.

Agardando que non teñamos que volver a lamentar que máis familias queden destrozadas por sucesos semellantes ó ocorrido a pasada madrugada, facemos un chamamento á veciñanza e ós poderes públicos para que se adopten as medidas necesarias para que algo así non volva a entristecer os nosos corazóns.

Asinado: A Xunta Directiva