Onte asistimos no centro cívico dos Mallos os actos de constitución dos Consellos Locais de Inclusión Social e Saúde.

Os Consellos Locais son espazos de participación, debate e traballo en rede que teñen a función de recoller as experiencias das entidades sociais e outros colectivos que achegan o seu coñecemento da realidade social desde a proximidade e o traballo diario.