A Concellería de Mercados, Comercio e Barrios lanza a campaña «Reactivando Coruña» para impulsar o comercio local, a hostalería e os Mercados Coruñeses, todos eles, alicerces básicos da economía coruñesa.

Agora, dadas as circunstancias provocadas pola pandemia da COVID-19, necesitan da complicidade e o apoio de todos os cidadáns. Cada comercio, cada bar, cada restaurante ou cada posto dos Mercados que pecha é unha oportunidade menos para a reactivación da economía local. Cada euro investido ou consumido no comercio, hostalería e Mercados de proximidade é un euro máis na economía circular da Coruña.

Con esta acción de sensibilización difundida a tavés de redes sociais queremos convidarvos a incrementar a utilización do comercio local, dos Mercados municipais e da hosteleria, na medida que o permitan as medidas de restrición fronte ao coronavirus. Segue nas redes sociais o hashtag #REACTIVANDOCORUÑA e sumar a esta campaña de apoio á economía local.