A Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana APOIA o comunicado da C.E.A.V. (Confederación Estatal Asociaciones Vecinales) e envía esta nota de prensa por mor da situación que está a padecer a veciñanza polo actual modelo e mercado enerxético.

Esta denuncia ven enmarcada na campaña “ENERGIA POR DERECHO” que subscriben a CEAV, organizacións sindicais, sociais e de consumidores a nivel estatal, considerando necesario:

  • A CREACIÓN dun organismo público de control da xestión e ordenamento do mercado enerxético.
  • A URXENTE redución do IVE na factura enerxética (fixándoo nun 4%) e o establecemento de tarifas progresivas nos consumos domésticos.
  • A CONSIDERACIÓN da enerxía coma un servizo público e un dereito fundamental da veciñanza.
  • A MODIFICACIÓN do actual modelo do “BONO SOCIAL”, ampliando a súa actual cobertura e dotando de maiores recursos ós fogares afectados pola pobreza enerxética.

Vaise a promover unha campaña de recollida de sinaturas, e dende hoxe xa se pode asinar en change.org (Link directo a la recogida de firmas aquí).

Dende a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana animamos a toda a cidadanía a asinar esta petición para que a enerxía sexa un dereito fundamental da veciñanza.

Nota de Prensa comunicación CEAV

Asdo.: A Xunta Directiva.