O Concello abre un espazo exclusivo na súa web municipal en que a veciñanza poderá consultar o documento que o Goberno local lle encargou á Universidade da Coruña, para a transformación dos terreos portuarios, e deixar as súas propostas, suxestións, dúbidas e comentarios.

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que neste proceso de transparencia e participación cidadá se activará un formulario para agrupar todas as achegas «de cara a construírmos conxuntamente o futuro da Coruña». Afirmou que para levar adiante un proxecto tan importante para a cidade «temos que contar con todas as opinións» e que polo tanto esta tarefa non atinxirá exclusivamente ao persoal técnico e experto urbanista, senón tamén «ás distintas entidades e colexios profesionais e mais as asociacións veciñais e particulares que así o consideren».

Ligazón: Reordenación espacio portuario (coruna.gal)