A Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGaVe), formada polas principais Federacións Veciñais galegas, organiza tódolos anos a entrega duns premios para recoñecer a labor realizada por distintas persoas ou entidades a nivel galego.

Este ano a Presidencia da CoGAVe recae na Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana, e a cerimonia de entrega dos premios terá lugar na nosa cidade, o vindeiro 10 de novembro, no Restaurante Árbore da Veira, do Mirador do Monte de San Pedro.

Nos días posteriores comunicaremos os premiados deste ano e algunhas imaxes do acto.