O Concello e a Universidade da Coruña ofrecerán o 16 de outubro unha nova xornada de portas abertas á futura Cidade das TIC, con catro quendas de visitas programadas. Terán lugar de 10.00 a 12.00, de 12.00 a 14.00, de 16.00 a 18.00 e de 18.00 a 20.00 horas. En cada grupo participarán 25 persoas como máximo. As persoas interesadas poden apuntarse xa a través da ligazón https://ticketing.coruna.eu/concello/citic2. Para a actividade, seguiranse todas as medidas esixidas pola Xunta contra a Covid-19.

Deste xeito, a cidadanía coñecerá, cun percorrido previamente establecido, a instalación da antiga Fábrica de Armas, cedida á Universidade polo Ministerio de Defensa para desenvolver o proxecto da Cidade das TIC, o campus científico tecnolóxico impulsado pola Universidade da Coruña e o Clúster TIC de Galicia.