María Luisa Varela, presidenta da Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro» e da Federación de Asociacións Veciñais de Coruña e Área metropolitana, e outros membros da Xunta Directiva, mantiveron onte unha reunión de traballo con Obdulia Taboadela e Pablo Arangüena, candidatos ao Senado e ó Congreso dos Deputados respectivamente

Os representantes veciñais trasladáronlles as súas principais demandas e preocupacións relacionadas con varios temas:

  • As pensións e a súa revalorización.
  • A subida dos prezos do aluguer de vivenda.
  • Falta de prazas en residencias da terceira idade.
  • Infraestruturas: Ampliación de Alfonso Molina, 4ª Ronda, conexión ferroviaria co Porto Exterior, pasarela do CC Marineda City, etc.
  • Servicios Sociais e dependencia.
  • Ameazas de peches de empresas.
  • Proliferación das casas de apostas e a súa publicidade en TV.
  • Melloras do tren de proximidade.