Accións formativas gratuitas programadas dentro do marco da Escola de Participación, promovida pola Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación.

Este ano, este programa inclúe diferentes obradoiros curtos de moito interese, tanto a nivel persoal como profesional, dirixidos a o tecido asociativo, ao voluntariado e abertos a toda a cidadanía da Coruña que quera participar.

Deste xeito, durante a primeira quincena do mes de decembro, a Escola de Participación impartirá, 4 obradoiros presenciais en distintos horarios de mañá e de tarde, para facilitar a vosa participación. Tedes máis información no programa que enviamos xunto a este correo.

Impartiranse, sempre de maneira gratuita, dous obradoiros de sensibilización e linguaxe de signos, tres obradoiros sobre xestión emocional en tempo de pandemia, un obradoiro práctico sobre sistemas e organización de reunions virtuais e dúas accións formativas máis para o fomento do uso da administración electrónica a través do certificado dixital.

O programa se describe seguidamente de maneira resumida:

1.- Obradoiro de iniciación á linguaxe de signos (4 horas)

Obradoiro de sensibilización no que se inclúe unha iniciación ao aprendizaxe da lingua de signos, practicando algúns signos básicos (saúdos, presentacións, etc.)

  • Xoves 9 de decembro, de 16:30 h a 20:30 h
  • Venres 10 de decembro de 10:00 a 14:00 h

Espazo: Centro socio-cultural Ágora

Límite de 15 persoas

2.- Obradoiro de xestión emocional en tempos de pandemia (3 horas)

Obradoiro específico para a xestión emocional do enfado, o medo e as emocións da  pandemia. Tratarase o tema da xestión do estrés e o aprendizaxe a vivir en entornos inciertos, ofrecendo ferramentas para manexar as emocions asociadas á pandemia.

  • Xoves 9 de decembro, de 11:00 a 14:00 h
  • Venres 10 de decembro de 16:00 a 19:00 h
  • Luns 13 de decembro, de 10:00 a 13:00 h

Espazo: Centro socio-cultural Ágora.

Límite de 12 persoas

3.- Obradoiro sobre obtención e uso básico de certificado dixital (4 horas)

Obradoiro práctico para a obtención do certificado dixital, de uso obrigatorio para as asociacións, e instrucións para a súa utilización nas relacións coa administración.

  • Luns, 13 de decembro, de 16:00 a 20:00 h, na aula de informática do Centro Cívico Municipal de Rosales.
  • Martes, 14 de decembro, de 10:00 a 14:00 h, na Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana. Avda. de Glasgow, 7.

Límite de 10 persoas

4.- Obradoiro sobre sistemas, organización e xestión de reunións virtuais (3 horas)

Unha das consecuncias da pandemia foi a consolidación do teletraballo e o mantemento de reunións e encontros profesionais ou de ocio en formato virtual.

Neste obradoiro, totalmente práctico, abordaránse os principais sistemas e programas para a realización de reunións virtuais, convocatoria, participación e xestión de encontros desta natureza.

  • Martes, 14 de diciembre, de 16:30 a 19:30 h, na aula de informática do Centro Cívico Municipal de Rosales.

Límite de 10 persoas

INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS:

O prazo de inscrición permanecerá aberto de maneira continuada, desde hoxe, día 1 de decembro, ata as 15:00 h do día 8 de decembro, ata completar as prazas dispoñibles en cada grupo. Para formalizar a inscrición será preciso encher o formulario de inscrición na páxina web de Participación Cidadá do Concello da Coruña, que remitimos neste enlace: https://forms.gle/2wQj2nmF2cMFKKgE6

Podrán participar nestas accións formativas da Escola de Participación as persoas pertencentes a calquera dos grupos seguintes:

  1. Persoas pertencentes as asociacións inscritas no REMAC, ou vinculadas a elas.
  2. Persoas inscritas nos programas de voluntariado municipais.
  3. Cidadanía en xeral.

As prazas adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición. Abriranse listaxes de espera e ofrecerase a posibilidade de reubicación nalgún outro grupo que non esté completo.

Rogámosvos que, se vos inscribides, acudáis ao taller e, no caso de que non podades asistir, o comuniquedes enviando un correo electrónico a participacion@coruna.gal, para que outra persoa poda ocupar a praza.