Desde hoxe e ata o 25 de outubro, ambos incluidos, estará aberto o plazo para apoiar as propostas de investimento que se presentaron durante a primeira fase do programa.

Na primeira fase de presentación de propostas, achegáronse un total de 733 proxectos de investimento. Todos eles pasaron unha primeira revisión para determinar a súa viabilidade conforme aos criteiros básicos de ser competencia municipal e ser un gasto de investimento.

Deste xeito, nesta primeira revisión declaráronse inviables 194 propostas que non cumprían os anteditos requisitos, polo que que agora pasan á fase de apoios un total de 539 propostas, que poderán ser priorizadas pola cidadanía.

É moi importante este momento do programa porque, ante a imposibilidade de que os servizos técnicos avalien e orzamenten todos os proxectos, únicamente as propostas que reciban maior número de apoios pasarán á fase de avaliación técnica e poderán votarse na última fase para acadar a súa inclusión no proxecto de orzamento municipal de 2022. As que non consigan suficientes apoios serán declaradas inviables por non ser consideradas prioritarias por parte da cidadanía.

Tamén poderán ser calificadas como inviables, e non pasar á fase de votación final, aquelas propostas que non podan executarse por razóns técnicas debidamente xustificadas.

As normas básicas para participar nesta fase son as seguintes:

  1. Calquera persoa maior de 16 anos e empadroada na cidade pode apoiar propostas.
  2. Non é preciso ter participado na fase anterior presentando propostas para poder apoialas.
  3. Cada persoa poderá dar o seu apoio a TODAS as propostas que queira da partida de toda a cidade e TODAS as que queira nun máximo de TRES distritos. É dicir, non hai límite en canto ao número de propostas a apoiar, pero sí en canto ao número de distritos, que non poderán ser máis de tres, ademáis do grupo de propostas para toda a cidade.
  4. Poderase participar, igual que na fase anterior, a través da plataforma nacorunacontas.coruna.gal e tamén de xeito presencial nas tres oficinas de Rexistro de María Pita, Ágora e Fórum.
  5. Para facelo será necesario presentar o DNI para identificarse e será preciso pedir cita previa indicando de maneira expresa a intención de participar no programa de Orzamentos Participativos.

Animámoste a participar na plataforma https://nacorunacontas.coruna.gal/