A Asociación Veciñal “Uxío Carré” de Eirís organiza un ano máis a tradicional Festa da Fresa, con múltiples actividades centradas na recuperación da memoria e da cultura do barrio. Estas actividades comezarán ás 16.00 horas do 20 de agosto e serán clausuradas cunha verbena. Dende a Asociación Veciñal  “Uxío Carré” convidan a toda a cidadanía a acompañalos na celebración desta festa.