Un ano máis, o barrio coruñés de Os Castros celebra as Festas na honra da Virxe do Carme, organizadas pola Asociación de Veciños “San Diego – Os Castros”.

Este ano, o comezo das festas marcouno a lectura do pregón por parte da Alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o domingo 14 de xullo ás 20.30 horas no Parque de San Diego, actuando a continuación o Coro de Santa Comba de Veigue; xa pola noite, verbena co grupo Tania Veiras.

O luns 15, ás 19.00 horas, actuación da Escola de Baile Donaire e logo xogos para os máis cativos. Ás 20.30 horas tivo lugar o concurso de mascotas e ás 23.00 horas actuou a orquestra La Favorita.

O martes celebrarase unha misa na igresa do Carmen, ás 12.30 horas, con procesión polo barrio. Ás 19.00 horas haberá unha sesión de zumba e ás 23.00 horas, verbena coa orquestra Foliada. No descanso da verbena, lanzarase o tradicional globo de papel e como peche das festas, sesión de fogos artificiais.