Atendendo ás necesidades formativas demandadas polos profesionais da Comunidade Autónoma, a Xunta de Galicia pon ao dispor das persoas traballadoras por conta allea, autónomas e afectadas por ERTE, formación 100% subvencionada.

Esta convocatoria de formación que está 100% subvencionada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social ten como obxectivo a adquisición de novas competencias. Poden acceder todas as persoas traballadoras por conta allea, autónomas e en ERTE da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta formación é 100% subvencionada, polo que non representa custo algún para as persoas participantes, nin para as empresas, xa que non se restan créditos de formación.

Son 5 os cursos en liña gratuítos que contan con inscrición aberta, e son todos especialidades do catálogo do SEPE polo que ao finalizar a formación exitosamente, as persoas participantes recibirán un diploma acreditado polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

A formación realízase de maneira en liña, permitindo a conciliación laboral e persoal, e que desta maneira os participantes poidan realizar os cursos ao seu ritmo e sen horarios establecidos.

Os cursos terán os seus últimos inicios en xuño e a inscrición manterase aberta ata esgotarse as prazas. As persoas interesadas na formación poden solicitar praza desde a páxina: https://www.cursosfemxa.es/FormacionGalicia

Para calquera dúbida, está ao dispor das persoas interesadas o teléfono gratuíto 900 100 957 e o correo electrónico atenciónalalumno@femxa.com