Radio Coruña Cadena Ser inaugurou o 6 de febreiro, ás 19.30 horas, no auditorio da sede de Afundación o “Foro A Coruña 2030, hacia unha comunidade sostible”. A alta comisionada de España para a Agenda 2030, Cristina Gallacha, e o presidente de Portugal Innovaçao Social Filipe Almeida, inauguraron este acto, presentado polo director de contidos de Radio Coruña Cadena Ser, Marcos Sanluis.

Esta iniciativa pretende vislumbrar os camiños que se están a percorrer para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) marcados polos líderes mundiais. A través de diferentes ponencias, técnicas e institucionais, sobre as diferentes iniciativas globais e concretas que se están a desenvolver, o Foro pretende achegarlle ó conxunto da sociedade experiencias que se desenvolven a nivel internacional para acadar un mundo sostible.

Este mesmo 6 de febreiro celebrouse unha xornada técnica, ás 12.00 horas, na Biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura. Este acto foi presentado pola responsable de Hoy por Hoy, Mayte González, e nel participaron:

  • Araceli Rodríguez, portavoz do Eco-distrito La Pinada (Valencia)
  • Llorenç Fernández Matamoros, director de planificación do Concello de Sant Boi de Llobregat
  • Laura de Vega Franco, directora de Desenvolvemento Sostible do grupo Suez Zona Centro Norte

Os “Foros A Coruña 2030, hacia unha comunidade sostible” están organizados por Radio Coruña Cadena SER, co patrocinio da Universidade da Coruña e a colaboración de Emalcsa e Afundación.

O Foro conta cun comité asesor, formado por representantes de diferentes ámbitos da sociedade coruñesa implicados en implantar unha axenda que permita acadar os obxectivos citados. Forman este comité asesor:

  • Xulio Ferreiro, Alcalde de A Coruña
  • Julio Abalde, Reitor da Universidade da Coruña
  • Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación
  • Antonio Couceiro, presidente da Cámara de Comercio