A Asociación Coruña Metropolitana 3.0 organiza, dentro do ciclo “Intuír o futuro da Coruña”, o debate titulado “A Coruña: estado do urbanismo e previsións”. Este debate terá lugar o 28 de marzo, ás 19.30 horas, no Sporting Club Casino.

Presentará o debate o Presidente da AMC 3.0, Andrés Precedo Ledo, e moderará Alberto Unsaín González de Suso, Arquitecto. Intervirán:

  • Xiao Varela Fernández, Arquitecto e Concelleiro de Rexeneración Urbana do Concello da Coruña
  • Martín Fernández Prado, Arquitecto, Concelleiro e Deputado Autonómico
  • Roberto Costas, Arquitecto e Presidente do COAG Coruña
  • Juan José Yáñez, Licenciado en Dereito e Secretario Xeral de APROINCO