A Confederación Estatal de Asociaciones Vecinales (CEAV), teñen prsente as diferentes problemáticas, conflitos e retos ós que se enfrontan as grandes cidades do Estado español no presente e futuro máis próximo. Debates como a planificación urbana, o medio ambiente, a seguridade cidadá, a mobilidade sostible, o acceso a unha vivenda digna, a convivencia ou a loita pola igualdade foron e son debates moi presentes no día a día do movemento veciñal.

Estes eixos de debate son o ADN do traballo veciñal das diferentes asociacións, federacións e confederacións que compoñen a CEAV, e son retos que deben afrontar con maior intensidade os movementos veciñais que traballan nas grandes cidades. Por iso, a CEAV quere impulsar a celebración do “I Encontro Veciñal de Grandes Cidades”, como espazo de debate colectivo para afrontar desde a perspectiva veciñal os diferentes retos e problemáticas que teñen estas urbes. Este “I Encontro Veciñal de Grandes Cidades” terá lugar o sábado, 5 de outubro, en Madrid