
Ricardo Vales, Manuel Monge, Goretti Sanmartín y José Manuel Sande (Fonte: Deputación da Coruña)
O club de opinión Foro Cívico está a organizar dous actos nunha especie de homenaxe a Marcelino Liste, primeiro presidente da Federación de Asociacións de Veciños, e tamén de recoñecemento a todo o movemento asociativo da Coruña.
PRESENTACIÓN PÚBLICA DO PREMIO
MARCELINO LISTE XUSTIZA E LIBERDADE
(QUE ESTE ANO RECIBIRÁ A A.C. ALEXANDRE BÓVEDA)
Martes, 12 de decembro, ás 19,30 horas, no salón da ONCE no Cantón Grande
Participarán no acto:
Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, Xosé Manuel Sande, concelleiro de Cultura e Antón Luaces, presidente do Foro Cívico.
María Xosé Bravo, presidenta da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, gañadora do Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade 2017.
Dirixentes do movemento veciñal e persoas que tiveron relación con Marcelino Liste: Margarita Santiago, da asociación de veciños dos Castros, Ricardo Vales, da asociación de veciños de Monte Alto, Domingo Verdini da asociación de veciños do Castrillón e Álvaro Someso da asociación de veciños do Barrio das Flores. Cándido Barral, xornalista, e Andrés Salgueiro, avogado.
CEA DE ENTREGA DO PREMIO
Venres, 15 de decembro, ás 21 horas, no Club do Mar de Santo Amaro
A cea terá un prezo de 20,00 euros e poderán apuntarse até o 13 de decembro en: forocivicocoruna@gmail.com ou no teléfono 669 516 097
Comentarios recentes