Cruz Vermella A Coruña organiza á II XORNADA DE PERSOAS MAIORES “Influencers con APPtitudes”, o vindeiro 30 de setembro no centro Ágora (A Coruña) no horario de 09:00h a 14:00h.

Trátase dunha acción dirixida a profesionais do ámbito social da Coruña onde teremos a oportunidade de escoitar o relatorio “Tecnoloxía que acompaña? Inclusión dixital fronte a soidade non desexada” a cargo do consultor, Jose María Regalado e presenciaremos a mesa de diálogo, onde un equipo multidisciplinar reflexionará sobre o uso das novas tecnoloxías e os seus beneficios na calidade de vida das persoas maiores.

Para formalizar a inscripción a esta xornada podedes acceder ó formulario a través da seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSffuLYjmSeQe0H-da1DKYGmwKfhHyVlfKhdMpFUiESP87Kl5Q/viewform